Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/01/12

Cien mil millones de poemas


Tivestes este libro nas vosas mans? Se a resposta é negativa, suxírovos que vaiades a unha libraría e o busquedes: necesitades velo para gozalo. Non, non é un álbum ilustrado: é a maxia da poesía recortada. Esta Homenaxe a Raymond Queneau publicada pola editorial Demipage contén nin máis nin menos ca Cien mil millones de poemas. Non. Non ten mil páxinas. Tedes que averiguar o como e o por que.
Jordi Doce, Rafael Reig, Fernando Aramburu, Francisco Javier Irazoki, Santiago Auserón, Pilar Adón, Javier Azpeitia, Marta Agudo, Julieta Valero e Vicente Molina Foix son os encargados de realizar os poemas para esta particular homenaxe. Jordi Doce escribe o primeiro soneto que servirá de modelos para os demais: débese respectar a rima.
O libro non só é unha homenaxe a Queneau, serve tamén para nos lembrar que a literatura é un xogo que dá auténtico pracer ao lector ou lectora que se atreva a xogar con ela. Só hai que intentalo! Con el, un convértese nun poeta que xoga cos versos rimados, perfectamente construídos en alexandrinos, deixando que a nosa propia sensibilidade constrúa o poema perfecto.

Cien mil millones de poemas. Demipage from Demipage on Vimeo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

que pasada!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.