Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/01/12

De otra manera


Publica Thule De otra manera, con texto de Ana Tortosa e ilustracións de Mónica Gutiérrez Serna: un álbum sobre o proceso de madurez, de como se ve o mundo a medida que medras, a conmoción que supón percatarse dos cambios que trae consigo o feito de medrar e mirar con outras lentes o mundo de arredor. As ilustracións son delicadas e envolventes.

7 comentarios:

Cris dixo...

Neste libro encantáronme as ilustracións, son preciosas e tamén me pareceu bonito o texto.

brais dixo...

este libro non me gustou pero ten moi boas ilustracións

ivan dixo...

Este conto gustoume xa que é moi profundo, estivo moi ben.

carmen dixo...

Este libro é moi triste e moi real, este libro serve para explicarlle aos nenos pequenos cando lle morre un familiar querido

vanesa dixo...

Neste libro o que máis me gustou foron as ilustracións

martin dixo...

este libro cóntanos como unha rapaza pouco a pouco vai olvidando a morte de seu avo

Noemi dixo...

Este libro está moi ben é algo triste pero ten unhas ilustracións moi bonitas.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.