Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/01/12

De punta a punta


Publica Cuatro azules este álbum ilustrado con texto de José Luis Berenguer e ilustracións de Irene Fra: De punta a punta é moi axeitado para o próximo día da Paz, e foi Premio de Mellor Álbum ilustrado 2010 para o Gremio de Libreiros de Madrid. Estamos ante un deses álbums especiais que valoramos como alfaias e que aseguramos son de adultos: un libro que convida á reflexión, un texto escaso que é pura poesía, unhas ilustracións que destilan ritmo e fouteza, que xogan coa perspectiva e a distancia, coas cores. Unha historia que é a de Iraq e que é a de calquera guerra, a dor, a emoción, o ruído, o amor. Un álbum que o rematas e o volves a comezar.
Para gozar.

10 comentarios:

martin dixo...

Este libro aínda que é un pouco cruel gustoume porque cóntanos a realidade

vanesa dixo...

Este conto non me gustou .

Cris dixo...

Este libro gustoume, porque aínda que esteas a moita distancia cando queres a alguén sempre pensas nel por moi lexos que estea.

brais dixo...

este libro gustoume a forma de contalo pero é moi triste

yoli dixo...

este conto non me gustou porque non o entendin.

carmen dixo...

Este conto non me gustou e é complicado de entender

Noemi dixo...

Este libro non me gustou.

ivan dixo...

este conto estivo moi triste, a min gustoume bastante

rafa dixo...

este libro é moi moi triste

rafa dixo...

este libro é moi moi triste

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.