Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/01/12

Frederick


Un clásico de Leo Lionni verquido á nosa lingua grazas á editorial Kalandraka: Frederick, o rato poeta, que coñece a importancia das palabras e dos sentimentos, alén da comida. O máis fermoso é o agradecemento familiar ante a importancia de ter ao seu carón tanta poesía.
Imprescindible.


31 comentarios:

Anónimo dixo...

Un dos libros máis bonitos do mundo!

Kalandraka Editora dixo...

Moitas grazas por recomendar este libro tan senlleiro dun dos autores polos que en Kalandraka temos máis veneración.
...Fermoso traballo, o dos escolares do CEIP de Pedrouzos. Parabéns.
Saúdos dende Kalandraka.

ivan dixo...

Este conto gustoume porque foi bastante entretido.

martin dixo...

Este libro é moi gracioso e cunhas ilustraciósns moi boas

vanesa dixo...

Este libro estivo moi ben ,aínda que o ratiño era un pouco vago.

brais dixo...

este libro é moi bonito e ten moi boas ilustracións

carmen dixo...

Este conto é moi bonito aínda que ó principio parece que é un vagonetas. Este conto serve para explicar que non se pode opinar nin criticar sen coñecer.

Noemi dixo...

Este libro estivo ben e a pesar de que o ratiño non traballaba coma os outros, sabía poesía.

Cris dixo...

Este libro a verdade pareceume moi bonito, e ten unhas imaxes moi fermosas, o ratiño será vago pero grazas a el os outros non se aburriron.

jonathan dixo...

gústame moito porque o rato fai moi ben,e moi listo. Encantoume

lino dixo...

Este libro gustoume moito porque as ilustracions son moi boas

Almu dixo...

Este libro é moi gracioso e cunhas ilustraciósns moi boas

lucia dixo...

É bonito porque nos conta unha historia dun rato que conoce a importancia das palabras para cando hai fame.

tania dixo...

Este libro era moi bonito porque...máis vale paxaro en man que cento voando...
Gustoume moito porque quen ten imaxinación discurre moito....

Xacobe dixo...

o rato é un vago pensador

Lexis dixo...

é Este libro gustoume moito e tamén moi bonito e cunhas ilustracións moi boas e chulas.

javier dixo...

este libro gustoume ata a metade porque o rató era un crack porque non facía nada e mentres o outros traballaban el descansaba.

Daniel dixo...

este libro gustoume porque o rato era moi listo

Daniel dixo...

este libro non me gustou porque e unha fatasmada porque ningunha serpe pode facer eso

Noelia dixo...

Este libro gustoume moito porque é moi sinxelo pero precioso porque o rato ao principio era vago pero despois demostrou unha poesía moi bonita.

santi dixo...

Este libro estivo moi ben a pesar de que ese rato non facìa as cousas coma os demais

angel dixo...

A min gustoume porque o rato é moi listo.

Ernesto dixo...

Este è un libro moi bonito, ainda que Frederick è moi vago e non fai nada.

Andrea dixo...

Este conto é moi bo porque trata distntos temas como o amor e o traballo .

Roberto dixo...

Este conto gustoume bastante porque os compañeiros comprenderon oque facia Frederick.

Cristina dixo...

Gustoume moito porque o rato é moi pillo e así non fai nada.

Lucía Silva dixo...

É un libro moi bonito sobre un ratiño ben espelido que consegue non facer nada mentres os outros ratiños traballaban.

Antía Iglesias dixo...

Un dos ratos máis listos e gracios que coñecin ata agora. Quen poidera ser asi.

Ana Brandariz dixo...

Un rato ben listo si. Ocorreríaselle a alguén facer iso¿? eu penso que non.

Ana Castro Varela dixo...

Pois si que era ben listo Frederick!!
eu creo que iso non se lle ocorrería a ningún outro.

Anónimo dixo...

Maria Lamazares Taboada
Falanos dun ratiño ben espabilado e listo que consiguiu nom facer nada metres os outros traballan arreo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.