Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/01/12

Marisela e o Roxo


Divertidísimo álbum que publica OQO de Geovanys F. García e ilustracións de André Letria: Marisela e o Roxo xoga cos contos clásicos nun tempo indeterminado e revisita o tradicional amor "cortés" conseguindo un simpático e delicioso álbum que arranca gargalladas e sorrisos en máis dunha ocasión. O resultado é un conto rebelde e comprometido ao mesmo que contemporáneo, ao que axudan as tamén divertidas ilustracións que resultan un xogo máis do libro.
Mesmo vos pode servir como un bo agasallo para o día do Amor que pronto chega...

17 comentarios:

jonathan dixo...

Gustoume moito porque vai sobre o amor, é interesante

lucia dixo...

É bonito e recorda moito aos típicos contos de princesas e cabaleiros.

tania dixo...

Este libro era moi simpático trataba de amor, de loitar contra el.... é un moi bo libro.

Almu dixo...

É un bo libro. Xa que representa unha historia de amor bastante divertida.

Xacobe dixo...

este libro trata do amor ainda que hai moita fantasía

Lexis dixo...

Este libro pareceume moy divertido e o que mais me gustou do libro foron as ilustracións.

lino dixo...

este libro está chulo porque trata dun a principe e dua pricesa

Daniel dixo...

gustoume moito este libro porque e moi romántico

Cristina dixo...

E un libro que non me gusta moito porque trata dun amor imposible que coma sempre acaba sendo psible.

Noelia dixo...

Gustoume moito este libro porque se valora o que é o amor de verdade.

Cristian dixo...

Este conto está bastante ben e íso que non vai co meu estilo.Pero está ben,un 8 sobre 10.

santi dixo...

Este libro gustoume porque è moi bonito e trata do amor

Ana dixo...

Este libro gustoume moito porque demostra que o amor non ten nin idade, nin cor de pel, nin ten por que ser só de dúas persoas de sexo oposto... O que realmente é importate é o interior de cada persoa. Un libro moi bonito.

Andrea dixo...

Este libro gustoume moito porque é coma unha versión moderna dos típicos contos que se len cando somos pequenos.

Roberto dixo...

É un libro romantico aínda que extraño.

Cristina dixo...

Está moi ben porque o home loita polo amor, é parecido aos típicos contos de princesas e cabaleiros

Gabriel dixo...

Este libro non me gustou tanto coma os outros pero bueno...e moi romántico e divertido.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.