Hoxe á tarde estivemos no Irixo, protestando contra a implantación dunha incineradora que ningún sentido ten, e ante o que moitos políticos do PP, coma o noso alcalde, optan por calar por ser unha cuestión de partido. Nada ten que ver o medio ambiente coa política, por moito que se empeñen en politizalo todo. Estamos a falar do futuro do noso medio natural, da nosa contorna, do noso país. Estamos a falar de algo moito máis serio que cuestións burocráticas e políticas. É algo que atinxe a toda Galicia, non só ás comarcas do Deza ou do Carballiño. Por iso, debería estar máis xente de fóra, deberiamos estar todos e todas alí.
(As fotos collinas do Facebook de Manuel Igrexas)
Sen comentarios
Publicar un comentario