A asociación 'Vergiss Aids nicht' (Non esquezas a SIDA) vén de lanzar unha orixinal campaña de concienciación dirixida sobre todo aos adolescentes. Esta campaña xira arredor dun xogo online denominado 'Cock out' (Polla fóra), onde o inimigo a eliminar é o mortal VIH; o xogador xoga co seu pene e debe colocarse un condón vermello que se distribúe en locais nocturnos e que a webcam do ordenador recoñece.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario