Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/01/12

Un libro


Hervé Tullet é o inventor de Un libro publicado por Kókinos: un libro que se converte nun xogo, non hai máis que seguir as instrucións e cada páxina é un divertimento sorprendente. É imposible resistirse ás súas ordes, posto que o libro convídanos cunha voz suave a participar da súa maxia. Un libro interactivo e sorprendente.


8 comentarios:

Mar dixo...

Hai 10 días que o contaron na Biblioteca á que nós imos, aos peques encantoulles e á mamá tamén. Magnífico!!!

Cris dixo...

Este libro gustoume, un libro co que os nenos poidan xogar e o mesmo tempo aprender cousas.

brais dixo...

este libro gustoume é moi entretido

ivan dixo...

Este conto estivo moi ben para xogar con el e entreterse.

vanesa dixo...

Este conto estivo moi ben ademais de entretido ,creo que a os nenos lle vai gustar moito.

carmen dixo...

Este libro é precioso para xogar e aprender os nenos pequenos

martin dixo...

Este conto está moi ben para contarlle e para que xoguen os rapaces pequenos

Noemi dixo...

Este é un libro no que os nenos pequenos poden xogar con el, é entretido.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.