Vén de publicar Kalandraka esta xoia de Antonio Rubio con ilustracións de David Pintor: Almanaque musical: doce poemas, un para cada mes do ano, onde a música, incansable, acompañaranos nos cambios de estación, no paso do frío á calor, na primavera cando florecen as árbores e no outono cando estas se espen. Ao final tedes unha lista de recomendacións musicais para acompañar a lectura dos versos: Vivaldi, Bach, Mozart, Beethoven, Mendelssohn, Brahms, Chaikovski, Sibelius, Prokofiev, Alban Berg, Béla Bartók, Boccherini, Haydn, e Dvorak.
Máis completo, imposible. O malo é que non podemos pechar os ollos para sentir a música porque non queremos perdernos nin un só detalle das magníficas ilustracións de David Pintor. E vós, que preferides?
2 comentarios:
Lémbrame moito ao meu almanaque "Os señores meses", publicado no 2006, e que foi finalista para a lista de honra do IBBY...Doce meses, unha poesía para cada mes, o cambio das estacións...
E as ilustracións de este almanaque, nun principio creín que eran de Xan Lopez Dominguez...
Saudos!
Anxeles Ferrer.
Grazas polo teu comentario, Anxeles. Non lembro o libro do que falas, pero si que semella que a estrutura sexa a mesma...
Saúdos afectuosos
Publicar un comentario