Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/02/12

Dentro de mí



Ana Tortosa con ilustracións de Mónica Gutiérrez-Serna publica en ThuleDentro de mí, un álbum sensible e metafórico onde texto e ilustración se funden nunha aperta serea e delicada, como a bolboreta protagonista que desenvolve tantas emocións na nena. Un álbum poético que canta o descobremento de todo aquilo que levamos dentro, que vai aflorando pouco a pouco, dunhas emocións que somos quen de sentir e que ás veces mesmo esquecemos. E o mellor de todo é compartilas, buscar a outros para sorrir en compañía.
Un álbum cheo de tenrura.


"Me costó darme cuenta
de que siempre
la he llevado dentro de mí..."

8 comentarios:

yoli dixo...

este libro esta moi ben por que espresa os sentimentos que esperiencia a nena.

brais dixo...

este libro gustoume pola metáfora que fai, é moi fermosa

ivan dixo...

este libro foi interesante e tiña unhas ilustracións magníficas

rafa dixo...

este libro estivo ben porque as bolboretas eran unha metáfora dos sentimentos

Cris dixo...

Este libro vainos ensinando como a nena vai crecendo e vai experimentando novos sentimentos.

Noemí dixo...

Este libro estivo ben, foi bonito e ten unhas imaxes moi bonitas. E o libro fálanos sobre os distintos sentimentos que experimenta a rapaza a medida que transcorre o tempo.

martin dixo...

este libro non me gustou pero ten unhas ilustracións moi boas

carmen dixo...

Este libro estivo ben porque a medida de que unha persoa vai crecendo vai experimentando sentimentos pero se non o explican non o entendes

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.