Iban Barrenetxea xa nos namorara con Bombastica Naturalis. Volve facelo agora con El cuento del carpintero publicado por A buen paso. Se comezamos polas ilustracións, xa quedamos atónitos: son tan escrupulosamente perfectas, coidando ata o máis mínimo detalle (despregabre incluído), que podemos pasar moito tempo contemplándoas e marabillándonos. Logo o texto, entre o fantástico e o real, entre a busca da felicidade e a apoloxía pacifista, entre o absurdo e o cómico. É redondo! O sorriso final está asegurado porque a ledicia de vivir será a maxia que predomine en todo momento.
Aquí podedes ler unha entrevista ao autor.
Aquí podedes ler unha entrevista ao autor.
Sen comentarios
Publicar un comentario