Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/02/12

Es así


Fondo de Cultura Económica tráenos este sinxelo pero profundo libro de Paloma ValdiviaEs así. Un libro que fala da inevitabilidade da vida, vir, chegar... e marchar. Porque é así, e non ten outro xeito de ser. Outro libro idóneo para falar da morte aos máis pequenos, posto que nel non se conta unha historia determinada pero cóntase todo en conxunto, con ledicia e sensibilidade. Porque só podemos aceptar que todo "é así", aínda que gozando.

8 comentarios:

Cris dixo...

Este libro gustoume moito e ensina que cada un é como é, e que cada persoa é un mundo, pero iso non quere dicir que seamos mellores ou peores cos demais.

martin dixo...

Este conto fálanos da vida e a morte e intenta explicarnos que aínda que intentemos evitar a morte é imposible

carmen dixo...

Este libro di como é a nosa propia a pesar de ser unha trapallada como chegamos e marchamos,como perdemos os nosos seres queridos sen poder facer nada

Yoli dixo...

Este libro é moi bonito e dinos que nacer e morrer é así...

brais dixo...

este libro inténtanos explicar que nunca se pode superar a morte

ivan dixo...

Este libro gustoume e estivo moi ben, serve para explicar que todo é como é.

rafa dixo...

Este libro é algo trite porque o noso destino é a morte

Noemí dixo...

Este libro é algo triste, e nel explícanos que antes ou despois todo ten a súa fin.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.