É superior a min: vexo o último de John Connolly e vou a por el. Logo vexo que non é o último, senón que só o é en español, pero dá igual. Este, ademais, devórase moi doadamente: tan só 166 páxinas. E volve xogar co máis alá nesta novela negra titulada Más allá del espejo que publica Tusquets. Xa dixen unha vez que esta nova vertente de Connolly é a que máis me desagrada, porén, seguirei enganchada a el: sae airoso nas súas novelas a pesar das motivacións sobrenaturais que atrapa: é incrible o seu bo facer mesturando novela negra con literatura de pantasmas ou gótica. Tanto, que o final do lector convértese nunha queixa: por que tan poucas páxinas? E nestas poucas páxinas volve conseguir esa atmosfera propia del, algo malsán que nos horroriza mentres devoramos letras e permanecemos hinoptizados co libro entre as mans.
Unha novela que nos dá a clave de certas circunstancias e personaxes que coñecemos noutra novelas posteriores e que, coma en todas elas, mantén a tensión (unha tensión que medra paseniño pero firme) ata a última liña. E esta tensión fai que o autor e todo o que el escriba se convirtan nun dos meus vicios.

Sen comentarios
Publicar un comentario