Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/02/12

O paraugas amarelo


A editorial Kalandraka achéganos este fermosísimo libro de Joel Franz Rosell cunha ilustracións inesquecibles de Giulia Frances: O paraugas amarelo. Un libro que fala de liberdade e do dereito a sermos diferentes. Debemos ser como os outros cren ou mandan ou temos a capacidade de discernir e de loitar por aquilo que cremos máis xusto? Podemos fuxir do destino e realizar os nosos propios soños? Podemos ir por un camiño diferente ao trazado?
Se o texto ten moito que dicir as ilustracións son escandalosamente perfectas: reflicten en todo momento o ánimo dun paraugas que destaca pola súa cor nun mundo gris... ata que deixa de selo.
Naquela época todos os paraugas eran de cor negra, parda ou, se acaso, azul de Prusia ou verde escuro. Así que, cando na fábrica apareceu aquel paraugas amarelo, todo o mundo ficou pampo. Un paraugas de semellante cor non estaba previsto na programación nin nos catálogos nin nos pedidos…

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Unha vez maís, un acerto da editorial galega

Noemí dixo...

Este libro está ben, é chulo e entretido.

Cris dixo...

Este libro demostra que non que nos levemos polo que a xente quere que sexamos senón polo que nós queremos ser.

martin dixo...

gustoume moito un conto divertido.

brais dixo...

este libro cóntanos a historia do paraugas que aínda que non fagas o uso que tes preparado podes ser moi feliz

carmen dixo...

Este libro quérenos dicir que o noso futuro non está escrito que o podemos cambiar cando o queiramos

yoli dixo...

Este libro dinos que o destino non se pode cambiar pero podemos ser felices

rafa dixo...

este libro vai moito do racismo, non me gustou moito

ivan dixo...

Estivo bastante entretido, aínda que non se poidan utilizar algunhas cousas pódese darlles outros usos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.