Da man de OQO coñecemos a ovella Catarina neste conto de Roberto Castro con ilustracións de Margherita Micheli: Troco conta as dificultadas polas que pasa unha lectora para topar o lugar axeitado para sentar. Mentres, imos debullando a lectura da propia Catarina canda ela: conto dentro do conto..., sobre todo nas ilustracións, que nos descobren eses dous mundos paralelos nos que vivimos nas páxinas deste libro. Isto constitúe unha das partes máis especiais do libro que nos ocupa, pois pode constituír un divertimento especial para os lectores e lectoras máis novos que se adentren na procura destas dúas realidades.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
23/02/12
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
8 comentarios:
Este libro non estivo mal, é entretido.
E simpático, estivo ben pero mostranos que por mioto que cambies unha cousa nunca remplazara a primeira.
este libro non me gustou porque é aburrido
Este libro cóntanos como unha ovella vai intercambiando obxectos ata que finalmente queda cos mesmos
Este libro estivo moi divertido. A pesar de que quixo enganar para librarse da silla rota ó final devolvéronlla
Estivo ben este conto, quíxonos ensinar que hai cousas que non se poden reemprazar.
É un libro bonito que nos conta que como algo que che gusta e imprescindible
este libro foi moi entretido porque sempre intercambiaban cousas para chegar ao principio outra vez
Publicar un comentario