Publica OQO este texto de Roberto Mezquita a partir dun conto tradicional europeo con ilustracións de Alejandro Galindo: A vella na botella é unha reflexión sobre a ambición desmesurada e o desagradecemento, ademais de darlle o valor real ao que xa temos. As ilustracións son moi expresivas e con moito humor.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
12/02/12
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
14 comentarios:
Este libro gustoume, estivo simpático e ensinanos que hai que conformarse co que se pode ter.
Este libro pareceume moi ben e moi interesante, e gustáronme as súas ilustracións
este libro está moi ben e aínda que non o pareza pasa moito na vida real
Este libro está ben, sobre todo cando a vella recibe o seu merecido.
este libro non me gustou moito porque a señora quería todo
Este libro reflicte moi ben que a vella a parte de ser unha pesada e repugnante era unha avariciosa
Este libro quérenos dicir que non se pode estar queixando un todo ó día que hai que querer e coidar o que temos
Ese libro é moi gracioso e ensínanos que hai que conformarnos co que temos.
Este é moi gracioso porque a fada ten que ter moita paciencia para aguantar á vella,que é moi pesada.Eu tamén metería á vella na botella.
Este conto gustoume moito porque a vella é moi avariciosa e ao final remata nunha botella.
Este é un libro moi bo,porque a vella e moi repugnante quereo todo é ao final métea na botella.
Esta vella era unha avariciosa e quería sempre máis e máis,e como consecuencia metérona nunha botella.
Eu creo que o que máis gracia ten son as ilustracións.
este libro ensínanos como non hai que ser avaricioso e tamén que hai que dar as grazas e non despreciar o que xa temos.
Publicar un comentario