Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/03/12

Caligrafía de los sueños

Xa que o meu alumnado (seis mozas de 2º de Bacharelato) forman parte este ano do xurado do Premio San Clemente, comezo a ler os libros que me faltan dos nove finalistas. Os tres de Literatura Galega xa están no blogue, así como algúns outros. Comezo a encher os ocos coa lectura desta Caligrafía de los sueños de Juan Marsé publicado por Lumen. Unha novela lenta, intimista, pero tamén luminosa. Nela non pasa case nada, non é acción precisamente o que enche as páxinas da novlea, hai unha historia sobre outra, unhas esperanzas dun neno que comete dous erros, que tentará solucionar na súa adolescencia, hai un espello temporal da pobre Barcelona da posguerra, hai amargura e hai dor. Pero tamén hai futuro.
Se ben a lectura pode facerse moi lenta en determinados momentos, o libro é quen de nos envolver, de sumirnos na súa escuridade e buscar a luz canda el. Esa lectura demorada precisa dun tempo lento, adicado a esas páxinas que tan ben transmiten ese devir lento do paso da infancia á adolescencia, da pobreza social, da busca dun propio, dos soños que se verquen en dedos que se esgazan, en pianos inexistentes, en músicas imposibles. Detrás, amor ou desamor, sentimentos universais e necesarios, unha vez máis, que se converten en escusa de narración e busca de inocencias perdidas. Amores tráxicos e amores imposibles, amores que sofren e amores que loitan. Sexo que se descobre.
E coma sempre, a boa prosa de Marsé.

A mediados de los cuarenta, Ringo es un chiquillo de quince años que pasa las horas muertas en el bar de la señora Paquita, moviendo los dedos sobre la mesa, como si repasara las lecciones de piano que su familia ya no puede pagarle.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.