Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/03/12

A caricia da bolboreta


Tenrísimo libro de Christian Voltz publicado por Kalandraka no ano 2008: A caricia da bolboreta aborda o tema da morte con delicadeza, humor e ironía. As ilustracións son diferentes, con collage e debuxos para presentarnos a esa figura desaparecida pero presente polo amor. Só cunhas liñas e unhas figuas as ilustracións conseguen máis cás palabras.
Non o coñecía, e encantoume.

“Dime, avó, onde está a avoa?
Iso, meu neniño... Hai quen di que está baixo a terra, cos vermes e coas miñocas... Mira ti! Co medo que lle daban a ela os bichos!
Outros pensan que está alá arriba. Voando entre as nubes... Cos seus oitenta e cinco quilos! Ho! Ho! Ho!
Pero, eu ben sei... que non está tan lonxe!”

8 comentarios:

rafa dixo...

este libro estivo ben pero non me gustaron moito as ilustracións

martin dixo...

este libro é un dos que nos intenta ensinar que non lle hai porque ter medo á morte

Cris dixo...

Gustoume, porque aínda que ela morrera, el seguia falando dela e acordándose dela como se nunca se houbera ido.

ivan dixo...

este conto estivo moi ben, gustoume a súa historia e as ilusracións non me gustaron moito

vanesa dixo...

Deste libro o que menos me gustou foron as ilustracións.

Noemí dixo...

Este libro está ben para explicarlles aos nenos como é cando morre un ser querido.

carmen dixo...

Este libro intenta explicarlle ao seu neto a morte de súa avoa e que nunca se separará dela aínda que xa non estea con el

yoli dixo...

está moi ben porque o avó lle explíca ao neto que a avoa aínda que morrera estaba presente.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.