Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/03/12

Cualquier otro día

Non sei cal é a razón que rexe os editores para colocar un libro nunha determinada colección. Cualquier otro día de Dennis Lehane está publicado por RBA na súa Serie Negra e eu considero que non é unha novela negra, no seu sentido estrito, -inda que haxa policías!-, é case unha novela histórica marabillosamente escrita e que apaña da novela negra o enganche que a lectura produce. O que fai Lehane nesta novela é un retrato da América de principios do século XX: problemas raciais, irlandeses, anarquistas, movementos sindicais, corrupción política... 728 páxinas dan para moito, e nelas mestúranse dúas historias, un policía branco e un casedelincuente negro, xunto co béisbol e un personaxe real deste deporte. Pero Cualquier otro día non é só unha novela histórica, é unha novela sobre a amizade, sobre as relacións familiares, sobre o amor, o honor, a traizón e a corrupción. Todo un puzzle que recrea unha historia auténtica e debuxa paisaxes humanos, que, nos gusten ou non, son reais e auténticos, con todo o que iso supón.
Non lera nada deste autor, aínda que é de todos coñecido polas súas obras levadas ao cine: "Shutter Island" e "Mystic River" son filmes máis que coñecidos. Pero pódovos asegurar que quedo con ganas de máis.

El verdadero precio de tener una familia es no poder evitar el dolor de los seres queridos.

La principal diferencia entre los hombres y los dioses es que los dioses no creen que pueden convertirse en hombres.


1 comentario:

Anónimo dixo...

Apunto

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.