Gustoume moito este álbum que publica Fondo de Cultura Económica: El higo más dulce de Chris van Allsburg. A verdade é que descubrir este autor foi toda unha sorpresa marabillosa: todo o que vou topando del encántame. Esta historia é moi rica, arromba a definición do personaxe principal e axúdase coas súas propias ilustracións, detallistas (típicas nel en tons grises e marróns, moi realistas). O álbum preséntanos un dentista egoísta, obsesivo, odioso, que ao final recibe o que merece, xa que a xustiza poética existe, cando menos na literatura. E se a narración é interesante, non perdade de vista en ningún momento as ilustracións, que nos introducen definitivamente na personalidade dos personaxes (o dentista e o seu can) e na contorna na que viven.
Un álbum máis que recomendábel.
Un álbum máis que recomendábel.
Sen comentarios
Publicar un comentario