Jo Nesbo é, para min, un dos mellores escritores actuais de novela negra. E volve confirmalo nesta súa última obra, El redentor, publicada por RBA na súa Serie Negra. Seguimos co mesmo detective, Harry Hole, un home que segue loitando contra a súa dependencia do alcol e que está máis só ca nunca, un home complexo que convive con miles de pantasmas, un personaxe fascinante e redondo con aristas que cortan, que dificilmente sabe relacionarse coas persoas de carne e óso que o rodean pero que sabe analizalas... mentres loita contra o frío intenso do mes de decembro de Oslo; porque este frío arrepiante é un personaxe máis da historia. A novidade é o Exército de Salvación noruegués, que eu, por suposto, non coñecía, e do que se nos ofrece abondosa información xa que son os seus membros os asasinados. E de Oslo coñeceremos tamén a súa face menos amable, a corrupción, a drogadicción, a inmigración, a indixencia.
É a xustiza capaz de poñer as cousas no seu xusto lugar ou somos nós quen ás veces debemos darnos esa licencia? Dúbidas interesantes e adiviñas propostas que nos farán reflexionar. Porque a ambigüidade ou a desobediencia do protagonista fannos plantexar ao lector estes e outros interrogantes para nos enfrontar ao mal. Ou á vida.
Iso si. Contade con que se colledes o libro non ides facer outra cousa ata rematalo. É imposible.

Sen comentarios
Publicar un comentario