Precioso este Inventario de animais que nos trae a Faktoría K da man de Virginie Aladjidi e Emmanuelle Tchoukriel. Este libro é, como o propio título indica, un "inventario", e como tal vainos ir amosando animais que viven nas rexións polares, nos océanos, nas selvas tropicais, nos desertos, nas sabanas, nas montañas ou nos bosques temperados, nas costas e ribeiras, nas zonas habitadas, e nas granxas. Unha fermosa ilustración acompaña unha pequena información, escueta pero necesaria, sobre cada especie. Aquela que está en perigo de destrución ou aquela que necesita de grandes espazos para cazar, aquela que xa non se atopa en estado salvaxe ou aquela da que apenas quedan exemplares.
A obra é delicada, para contemplar cada día, para compartir a información, para aprender un pouquiño e para gozar coas exquisitas ilustracións que nos ofrece. Sobre todo, para lembrar e ensinar que todo remata e que o ser humano é quen de preservar -ou non- cunha riqueza que só a natureza é quen de ofrecer. Se a deixamos.

Sen comentarios
Publicar un comentario