Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/03/12

La sala de profesores

Se es profe case é mellor que non o leas, porque te desmoronarás.
Markus Orths realiza en La sala de profesores, publicado por Seix Barral, un exercicio surrealista e demente no que un novo profesor accede ao sistema educativo, realizando unha crítica absurda, ás veces, divertida, sempre impresionante, das relacións entre os profesores. Claro que ao rematar a lectura pensei que teño uns compañeiros e compañeiras marabillosos e os nosos directores e directoras son modelos de virtudes. Pero o autor, a pesar do absurdo (o final xa é de manual) exerce unha crítica ao sistema educativo e á sociedade controladora que utiliza o medo para ter todo o poder.
O resultado é unha visión salvaxe e macabra da educación. Coincidimos en que o mellor é o alumnado, sempre. Este, en contra do previsto, case non aparece, porque se o fixera desviaría a atención do realmente importante: o mundo do profesorado e un sistema educativo posto en solfa que chega a resultar esquizofrénico.
Boísimo o momento en que a xefa do departamento de lingua inglesa explica como as editoriais inflúen na elección do libro de texto... algo que me recordou a situacións vividas no noso país.

"Ahora, prosiguió el director, como hacía en todas las entrevistas de trabajo, quería iniciarme en los secretos de la vida escolar, sin omitir nada, quería hacerme saber de forma despiadada, por así decirlo, lo que me esperaba. Se podían distinguir cuatro pilares, aseguró, en los que se basaba todo el sistema educativo: dichos pilares eran el miedo, los lamentos, la farsa y la mentira."

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.