Sorpréndenos OQO con este cálido e tenro álbum de Paloma Sánchez Ibarzábal con ilustracións de Massimiliano di Lauro: A miña primeira viaxe é unha viaxe iniciática ao mundo humano, ao noso mundo, ao ar que respiramos e á luz que nos alumea, é o medo a nacer e o sentimento de unión cara á nai, posto que os latexos do corazón son o compás para non perderse. Un álbum para viaxar de dentro para fóra, con amor. Un álbum para pechar os ollos e sentir.
Viaxo feliz dentro desta nave. TUM-TUM…TUM-TUM.É o son dos motores. Non teño compás nin mapas para guiarme. Un día abrín os ollos e estaba aquí, viaxando para algunha parte.
Como cheguei á miña cápsula? Non me lembro… Onde vou? Non sei…
12 comentarios:
Non estivo mal este libro é bonito e mostra como os nenos recoñecen a súa nai apesar de todo.
este libro non me gustou moito porque o bebé era algo raro
Este libro é unha boa forma de aprender de onde vimos dun xeito gracioso.
Este libro conta a viaxe que ten que facer un neno cando ten que nacer
este libro cóntanos as experiencias dun bebé dentro da barriga da súa nai máis o momento do parto
Este libro é moi interesante porque fala sobre a viaxe dende que está na barriga da súa nai
este libro ten unha forma moi encantadora de contar o que é un embarazo
Este libro é moi bonito, conta a historía de como nacen os nenos e un pouco como se senten no proceso dende que se crea ata que sae..
Este libro está ben, e é gracioso o xeito que ten de contarnos como nacen os nenos.
Este libro está ben, e é gracioso o xeito que ten de contarnos como nacen os nenos.
i hope you all enjoy it
Si que lo disfrutamos, si. Muchas gracias!
Publicar un comentario