Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/03/12

Mulleres que se fixeron pasar por homes

Topei o outro día este artigo que me pareceu moi interesante para traérvolo aquí un día coma hoxe. Alí tedes esta información máis ampliada.

1. Sarah Emma Edmonds (1841-1989)

Sarah Emma Edmonds é coñecida por ter loitado cos Unionistas durante a Guerra Civil Americana. Ela nacera en Canadá, de onde fuxiu vestíndose de home e facéndose chamar Franklin Thompson. Cosntaba como desertor no exército, xa que enfermera e tivo medo a ir a un hospital e que se soubese que era muller. Así que puxo fin a súa identidade falsa e comezou a traballar de enfermeira. Cando se soubo a verdade, os seus compañeiros coincidiron en que era un soldado honesto e valente.


2. Isabelle Eberhardt (1877-1904)

Escritora e exploradora suíza filla dunha aristócrata rusa e un anarquista armenio, loitou por poder gozar duns privilexios que non lle correspondían por ser muller. En África vestiuse coma un home e fíxose chamar Si Mahmaud Essadi., sendo corresponsal para varios xornais franceses.


3. Hannah Snell (1723-1792)

Vestiuse de home para buscar ao seu home desaparecido. Loitou na India e cando volveu dedicouse ao mundo do espectáculo, sempre vestida de home.


4. Dr. Barry / Margaret Ann Bulkley (1792-1865)

Margaret é coñecida como Dr. Barry, un famoso médico vitoriano pioneiro en novos tratamentos e por ser dos primeiros en practicar cesáreas. A súa identidade só se coñeceu ao morrer.


5. Billy Lee Tipton (1914-1989)

Naceu en Oklahoma como Dorothy Lucille Tipton, e foi un coñecido músico de jazz baixo o nome de Billy Lee Tipton, xa que como muller non era tomada en serio no mundo da música.


6. Murray Hall (?-1901)

O político Murray Hall era en realidade Mary Anderson. Casou e gozou de privilexios que estaban reservados para os homes, coma o voto e o exercicio da política.


7. Jo Monaghan (?-1904)

Josephine Monaghan era unha muller da alta sociedade que quedou embarazada sen estar casada, unha situación polémica naquela época, polo que fuxiu ao oeste e fíxose pasar por un vaquiro chamado Jo. A súa historia inspirou o filme The Ballad of Little Jo.


8. Catalina de Erauso (1592-1650)

Internada nun convento, fuxiu del disfrazada como un campesiño, tomando diversos nomes masculinos como Pedro de Orive, Francisco de Loyola, Ramírez de Guzmán e Antonio de Erauso. Foi detida en 1623 e pediu clemencia alegando ser muller e monxa. A partir de entón foi coñecida como "a monxa alférez"; o propio Papa autorizouna a vestir de home.

O escritor británico Thomas de Quincey escribiu unha biografía idealizada de Catalina, La monja alférez.


9. Jack Bee Garland / Elvira Virginia Mugarrieta (1869-1936)

Elvira, tamén coñecida como Baby Bean e Jack Bee Garland, comezou a vestir coma home porque así podía viaxar con liberdade e atopar traballo. Foi xornalista para o Stockton Evening Mail.


10. Concepción Arenal (1820-1893)

Foi a primeira muller en asistir á universidade. En 1841, asistiu como oínte a clases de dereito vestida de home, e participaba en tertulias políticas e literarias.


11. Caterina Albert (1869-1966)

Novelista, narradora, autora teatral e poeta, coa súa obra dá comezo a tradición literaria catalá escrita por muller aínda que se ve obrigada a esconder a súa identidade baixo o nome de Víctor Català.


2 comentarios:

Montse dixo...

I una escriptora catalana:
Víctor Català,
Caterina Albert

Ronsel dixo...

Engadida queda, aínda que faltarán moitas, claro. Grazas pola información, Montse

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.