Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/03/12

Quisiera tener...



Con texto de Giovanna Zoboli e ilustracións de Simona Mulazzani Cuatro azules pon á nosa disposición este fermoso álbum ilustrado Quisiera tener..., un álbum cheo de tenrura e poesía, un deses libros dos desexos para soñar esperto cunhas máis que preciosas ilustracións cheas de suxestións e mundos máxicos onde mergullarnos. A poética das ilustracións é tan intensa que nos emociona en cada nova páxina. Agora si, facede vós tamén a vosa propia lista. E a ver con que soñades!



Quisiera tener los ojos del mirlo para cada brizna de hierba que crece en el campo.
Quisiera tener los pasos de pluma del tigre que crean silencio.


12 comentarios:

Anónimo dixo...

Con tanta cousa linda non che vai quedar sitio na biblioteca.

Ronsel dixo...

Xa non o teño. Teño que pensar nun sistema para metelos debaixo da cama...

martin dixo...

este libro non me gustou

martin dixo...

este libro non me gustou

rafa dixo...

este libro foi algo aburrido e non o entendín moito.

ivan dixo...

gustoume moito, estivo moi ben e sobre todo as ilustracións estaban xeniais

brais dixo...

este libro non me gusta, o único que vale son as ilustracións

vanesa dixo...

Este libro non me gustou moito ,pareceume algo aburrido.

Cris dixo...

Este libro é bonito e ten unhas ilustracións moi traballadas e moi fermosas.

yoli dixo...

o libro está moi ben, o neno quería ter cousas de diferentes animais.

Noemí dixo...

Este libro non estivo mal, pero non me gustou moito.

carmen dixo...

Este libro está bastante ben porque todos os nenos queren ter e ser moitas cousas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.