Javier Sáez Castán é o autor deste fermoso Soñario o Diccionario de Sueños del Dr. Maravillas publicado por Océano Travesía. Unha moi coidada edición que permite combinar as dúas solapas en papel groso nas que está dividido o libro para ofrecernos moitas máis imaxes que representan os nosos soños. E para iso temos ao Doutor Maravillas, para axudar a interpretalos! Só cómpre achegarse con humor e imaxinación a este libro que vén do outro lado da realidade. Porque os soños soños son, e a súa interpretación depende tamén da nosa propia maxia.
E un par de exemplos:
E un par de exemplos:
Elegueña- Mamífero con trompa que anida en Torres y árboles. Es señal segura de que algún día padecerá un fuerte resfriado que recibirá el nombre de ernestito.
Ferrogon- Maquina automotriz de pavorosa estampa. Puede indicar el viaje de un desconocido que te premiara con una bolsa de caramelos.
Sen comentarios
Publicar un comentario