Con texto de Paula Carbonell e ilustracións de Chené Gómez publica OQOUn can e un gato. Un título que non oculta o que imos topar. Fixémonos na portada: ambos están afastados por un abismo difícil de saltar/salvar. Un can e un gato é, na nosa cultura popular, espello do odio entre razas: "lévanse coma can e gato". E a autora xogará con esta frase feita e esquemática para ir máis alá, a un entendemento que sempre é posible grazas á linguaxe: é esta a ferramenta axeitada para comunicarse, para unirse e renunciar ao afastamento que provoca o non entendemento.
As ilustracións son moi axeitadas para os máis pequenos, resaltando o fondo branco que se emprega en todas elas.
As ilustracións son moi axeitadas para os máis pequenos, resaltando o fondo branco que se emprega en todas elas.
9 comentarios:
Este libro non me gustou moito porque pareceume algo infantil, pero é gracioso.
Este libro é espetacular, encantoume que ao final se levaran ben a pesar de ser diferentes
Este álbum e moi bonito e reflicte moi ben e por moi diferentes que sexamos podémonos levar ben..
este libro fálanos de como un gato e un can forma unha amizade aínda que anteriormente pelexaran
Este libro é super cuco, é moi bonito, ten unhas ilustracións moi simpáticas e ensina que aínda que sexamos persoas diferentes se realmente se busca algo de verdade podemos conxeniar.
este libro ensínanos como unha parella tan difícil como o can e o gato poden gostar de amizade e así todos poden levarse ben
A min gustoume este libro porque foi bastante divertido.
este libro pareceume un pouco infantil
Este libro non estivo mal ,aínda que é máis ben para rapaces pequenos.
Publicar un comentario