Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/04/12

Burkamanía


Chamoume a atención este libro cando recibimos os cómics para a feira do cómic do IES. Trátase dun libro do debuxante belga JacPé publicado por Norma que conta cunha introdución imprescindible de Anne-Marie Lizin, antiga presidenta do senado de Bélxica e membro da Liga de Dereito Internacional das Mulleres. Un toque de atención en forma de humor contra un comportamento medieval que sofren as mulleres, unhas mulleres que non se atreven nin a soñar a seren liberadas. Unha visión aceda e provocativa para chamar a atención.

Buscando información topei esta presentación:

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.