Hai días nos que a POESÍA
asolaga os centros de ensino, as palabras van saltando recovecos,
aceleran ou desaceleran e van apoderándose dos camiños da mente. Eses
días a respiración cambia e a maxia envolvénos. Porque a poesía é a
maxia da palabra. Ben, tamén é algo moi doce, tan doce coma o chocolate.
E porque é tan doce, Carlos Negro deunos chocolate. E deunos
moito máis. Forzas para entender que a poesía serve para todo,
para falar de velocidade, para falar de sentimentos, para falar dando
voltas, para seguir o camiño máis recto... a poesía está en todo e todo é
poesía: só temos que nos fixar e poderemos vela, tocala, ulila, sentila.
Carlos Negro falounos do seu libro Makinaria. Un libro que fala da velocidade nas estradas, da morte dos mozos e mozas que perden as súas vidas por non pensar con claridade, por saír pola noite a presumir, por non seren conscientes. Falounos desas mortes prematuras que golpean fogares e déixanos na escuridade permanente. Por iso, Carlos trae coches. Eses coches non son un xoguete, como poderiamos supoñer, non; son unha metáfora: simbolizan as cruces dos cemiterios; cada un é unha cruz que agocha o nome dun mozo que morreu na velocidade do alcohol, da noite e da estrada. Esas cruces agochas miles de bágoas das súas nais, dos seus pais, dos seus avós e das súas avoas, que non comprenderán xamais o por que: o por que lles foi arrebatada a vida do que máis querían.
Carlos Negro falounos do seu libro Makinaria. Un libro que fala da velocidade nas estradas, da morte dos mozos e mozas que perden as súas vidas por non pensar con claridade, por saír pola noite a presumir, por non seren conscientes. Falounos desas mortes prematuras que golpean fogares e déixanos na escuridade permanente. Por iso, Carlos trae coches. Eses coches non son un xoguete, como poderiamos supoñer, non; son unha metáfora: simbolizan as cruces dos cemiterios; cada un é unha cruz que agocha o nome dun mozo que morreu na velocidade do alcohol, da noite e da estrada. Esas cruces agochas miles de bágoas das súas nais, dos seus pais, dos seus avós e das súas avoas, que non comprenderán xamais o por que: o por que lles foi arrebatada a vida do que máis querían.
E con Carlos convertémonnos en poetas: escritores dunha poesía colectiva, practicando a "poesía automática" dos surrealistas, cada alumno ou alumna debía escribir un poema despois de que el nos ensinase un cadro (escolleu tres cadros de Frida Khalo). Este é o poema resultante (non está nada mal, verdade?), como desmostración de que en Forcarei tamén temos moito por dicir:
O inferno
Era unha nena que estaba na cama
A morte dorme encima de ti,
pero é algo relaxante.
Ten unha vara no peito,
e a vida hai que disfrutala.
Estamos nús ante os sentimentos
e temos un pau cruzado no corazón.
Para a muller cos seus bolsos
a morte é o peor dos castigos:
a morte sempre dorme enriba túa
e pon os pés enriba do home morto
e de dúas mulleres epidas.
Durmir con alguén encima é raro,
crea mundos imaxinarios,
prodúcese na escuridade,
como a vida e a morte,
é un mundo espinoso
onde os pés teñen dúas cabezas.
Falamos da importancia da muller,
da importancia da vestimenta,
da morte enriba de ti,
da morte pousada sobre ela.
Eran vellos tempos nos que os homes lucían ben
e os pés non eran tan importante.
Os pés estaban no alto da torre
a carón dun marica que se viste sendo un home.
Isto é unha lembranza
quizáis unha parvada
a diferenza entre a vida e a morte,
unha muller cos seus vestidos
que soña na cama,
é unha muller traballadora e sufridora,
é unha muller coraxe
que ten que durmr máis
e xogar na bañeira cos xoguetes.
A vida son tres días e xa imos polo segundo.
24 comentarios:
Que sorte teñen estes rapaces de Forcarei. Antes apenas se falaba dahí pola vila de orixe de daquel vicepresidente con Fraga.
Este autor gustoume bastante.
A súa colección de coches,a sua forma de contar os poemas,e o regalo e actividades tamén estiveron ben.
Foi moi divertido sobre todo pola parte dos coches, gustoume moitisimo e foi unha gran idea o do chocolate.
Non estivo mal porque o autor apaixoábase moito lendo o libro e con moitos sentimentos
Foi unha charla entretida xa que nos puxo moitos coches e uns tiñan música. Logo escribimos un poema entre todos e quedou moi ben.
Esta actividade gustoume !!! Foi interesante.
Esta actividade gustoume !!! Foi interesante.
Éncantoume as anecdotas que contaba e todo.
Esta charla gustoume porque é una crítica sobre os rapaces que se matan cos coches na estrada.
ESta actividade tamén estuvo moi ben pola forma na que nos transmitiu o libro.
Gustaronme moito os coches e sobre todo as actividades que fixemos con el
Gustoume bastante pero o que máis me gustou foi o poema que fixemos entre todos.
Encantoume a visita porque relatou uns dos seus poemas e despois pediunos que escribísemos un verso co primeiro que se non viñese á mente.
Foi moi divertido sobre todo pola parte dos coches, gustoume moito e foi unha gran idea o do chocolate.
Este autor gustoume moito sobre todo pola súa forma de contar os poemas e tamén as actividades que fixemos.
A súa visita foi estupenda, contounos o libro de "Makinaria". Transmite moito sentimento ao lelo, e gustoume moito.
Gustoume moito este autor, pareceume xenial a idea dos coches e o chocolate.
Este autor meteuse moitísimo no papel e,ademais temén me gustou bastente pola súa forma de contalo.Pareceume moi orixinal a forma que tivo de crear un poema con todos nós.
Esta charla gustoume porque é una crítica sobre os rapaces que se matan cos coches nas estradas.
Estivo moi ben a visita de Carlos Negro; na miña vida nunca vira a unha persoa ler con tanta paixón, tiña unha mirada que daba un pouco de medo e tamén me gustou a súa colección de coches de xoguete.
Este escritor falounos dun tema que hai na actualidade e advirteunos do perigo de beber e dsapois poñernos ao volante.
Gustoume a súa visita ao centro sobre todo a poesía que fixemos todos e todas, que nos quedou xenial, nunca vin tal poesía na miña vida.
Esta charla gustoume moito porque todos partcipamos e ao final deunos un rgalo
Gustoume moito cando contaba as poesias da maneira como as contaba e como transmitía intriga.
Publicar un comentario