A estas alturas, cada libro que vén do selo de El Jinete Azul sei que vai ter o signo de calidade e beleza. O seu editor sabe escoller verdadeiras xoias coas que encher os nosos andeis. Desta volta vou falar de Cuando no estás aquí de María Hergueta. Un álbum sobre o egoísmo e a soidade, pero tamén da necesidade de compañía, da ausencia, do temor. E todo isto coa plena combinación de palabra e imaxe, como es pode observar xa na portada, con ese borranchón que fai fincapé no título do álbum. O que queda é unha mirada expresiva que todo o di, a tristura da ausencia que se percata de que sempre é mellor o Amor cá Soidade.
Open publication - Free publishing
Sen comentarios
Publicar un comentario