Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/04/12

Día de conciencia do autismo




"A canción de Manuel": O texto do guión e a letra da canción son de Olga Lalín. A música foi composta, interpretada, gravada e producida por Seso Durán.





Como cada ano, o Secretario Xeral de Nacións Unidas publica unha mensaxe para dar a coñecer esta discapacidade. Con esta mesma finalidade, téñense editado varios selos conmemorativos que reproducen cadros pintados por persoas que padecen o trastorno de espectro autista. Para coñecer as súas historias, podedes premer neste enlace (Vía)
Lembrade o libro Mariluna, do que temos falado aquí.
Asociación por dereito.

A achega de Kalandraka, para un mundo sen barreiras de comunicación



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.