Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/04/12

en el bosque del perezoso

 Non é ningún segredo que me encantan os pop-up. Hoxe tráiovos un precioso, con texto de Sophie Strady e ilustración de Anouck Boisrobert e Louis Rigaud. En el bosque del perezoso está publicado pola editorial Hipotesi. Si, eu tampouco a coñecía.

Pero non é un pop-up calquera. É un libro para defender a natureza e o medio ambiente da agresión constante e salvaxe do home. Aquí fálase da ameaza constante dunha especie en concreto: o perezoso de tres dedos. Pero se o texto alerta da acción do home e da deforestación, tamén deixa lugar para a esperanza, unha esperanza provocada tamén pola humanidade, a única que pode impedir a deforestación.




 
«Todo está verde, la vida lo es todo, en el bosque del perezoso. Los pájaros gorjean, los felinos se ovillan a la sombra de las palmeras, los osos hormigueros sorben a los insectos como con una pajita… y el perezoso –¿lo ves?– se balancea tiernamente entre las hojas.»

8 comentarios:

rafa dixo...

este libro era bonito porque o perezoso quedou só no bosque

carmen dixo...

Este libro reflexa o que pasa nas selvas e grazas a algunhas persoas recupérase pouco a pouco o que se perdeu

ivan dixo...

este libro gustoume e pareceume bastante bonito

brais dixo...

este libro estivo ben, é moi chula a forma que ten

Noemí dixo...

Este libro é moi bonito e ten unha maneira de ver as ilustracións bastante orixinal, estivo ben.

Cris dixo...

Este é un libro moi bonito, moi cuco... en fín encantoume.

yoli dixo...

Este libro popup era moi bonito e entretido xa que tiñamos que buscar o perezoso que estaba escondido nunha árbore.

martin dixo...

este libro é moi divertido e entretido gustoume moito

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.