Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/04/12

Jesús Betz


A lectura deste álbum vén de me deixar conmocionada. A verdade é que non agardaba nada semellante, a pesar da portada: unha face que se agocha tras un telón, unha mirada tristeira; ademais, o formato en gran tamaño que redunda na chamada de atención e unha fermosísima edición. Ah! Inda non sabedes de que libro estou a falar!: Jesús Betz está publicado por Fondo de Cultura Económica, con texto de Fred Bernard e ilustracións de François Roca
Comezamos a lectura e atopamónos con que estamos a ler unha carta. Unha carta íntima dun fillo á súa nai. E as primeiras palabras xa nos sobrecollen. Que historia tan tremendamente triste e cruel imos ler? Hai esperanza tras estas primeiras páxinas? Que nos agardan esas ilustracións ocres? Esas cores cheas de sombras con ollos que nos miran sen ver, realimo tráxico da ilustración.
Unha historia contraria á quen a inspirou: o filme Freaks o La parada de los monstruos (1932) de Tod Browning.
Saiamos da escuridade para admitir que aínda hai luz. Sen concesións.
Impresionante.









Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.