Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/04/12

La hija de Mendel


Martin Lemelman publica en Norma este cómic homenaxe ás vítimas do nazismo: La hija de Mendel. Supoño que podemos pensar "outro máis sobre o mesmo tema!", pero o incrible é que cada un é diferente porque conta unha historia distinta ao ser unha historia persoal, única, real. Este cómic afástase en que o autor combina fotografías dos personaxes cos debuxos a lapis, todos eles lembranzas dolorosas da súa nai, quen é a contadora da historia e que o seu fillo, o autor, gravou para logo escribir.
E isto é o que máis valor ten no cómic. Non é un libro imprescindible, a min non me gustou especialmente, pero ten o valor da memoria, algo que tantas veces esquecemos.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.