Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/04/12

La historia del señor Sommer

A primeira edición deste libro é de 1991... si, xa tardei, xa. La historia del señor Sommer é de Patrick Süskind e está publicado por Seix Barral. A verdade é que cheguei a ela grazas ao seu autor, tan famoso polo seu libro O perfume que tanto me gustou hai ben anos cando o lin. E podo dicir que este libro curto, fresco, diferente, paréceme extraordinario, ao igual que a edición, en tapa dura e con ilustracións de Sempé. A historia é a de todos nós: a volta á infancia, á inocencia, ao primeiro amor... e á madureza. A realidade coa que nos temos que enfrontar cando deixamos atrás a candidez e a tenrura dos nosos ollos de nen@. A novela deixa un sabor agradable nos beizos, que se permitirán sorrir ante as tres etapas da vida do protagonista-narrador e os seus estraños encontros co señor Sommer.

En la época en que aún me subía a los árboles – hace mucho, mucho tiempo, muchos años y décadas: yo medía entonces poco más de un metro, calzaba zapatos del veintiocho y era tan ligero que podía volar – no, no es mentira, yo entonces podía volar – o, por lo menos, casi, mejor dicho: hubiera podido volar, de haberlo deseado de verdad e intentado hacerlo como es debido, porque…


Süskind, Patrick _ La historia del señor Sommer


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.