Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/04/12

La tienda de las ilusiones


Descubrín a Pascal Rabaté hai tempo e agora volvo a el grazas a un amigo lector de cómics. E non defrauda, aínda que me sigo quedando con Río abajo. Publica Norma esta La tienda de las ilusiones onde o protagonista, vendedor de artigos de broma, está en plena crise sentimental. Pero ás veces entre a negrume aparecen as cores. E estas veñen disfrazadas baixo unha carpa circense.
Chama a atención o detalle do debuxo. O protagonista vive nunha casa chea de obxectos curiosos: como non fixarse nas pantuflas en forma de coello ou na colca de Bob Esponxa!!! Rabaté conta a historia dunha relación dun xeito verosímil, sen ocultar os momentos de amargura nin enxalzar os de ledicia. De aí que a lectura deste cómic (creo que de todos os deste autor) se convirta nun intre divertido e emotivo e máis que recomendable. A mestría do debuxo, a cor, os silencios, as relacións... todo destaca.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.