Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/04/12

Letras nos cordóns


Dozura feita libro. O novo álbum que nos ofrece Kalandraka é iso e moito máis: é amor, é sensibilidade, é un soño... Letras nos cordóns é de Cristina Falcón Maldonado con ilustracións de Marina Marcolin. E detrás desta dozura tan inmensa que comprobaredes só abrir o libro, está o valor da lectura, a importancia de saber, a pobreza que fai chorar e da que se quere saír, a tenrura máis forte... e non poderedes evitar que unha bágoa fuxidía atravese a vosa face, libre, mentres tedes nas vosas mans unhas letras que conforman un álbum, unhas ilustracións que vos apertan... para converter un libro nun feito entrañable de lectura que quereredes compartir.




21 comentarios:

ivan dixo...

para min este libro estivo bastante ben xa que trata de temas sentimentalistas

yoli dixo...

Este libro é moi bonito,a filla quere estudar para sair da pobreza.

brais dixo...

este libro non me gustou porque me pareceu algo aburrido

Cris dixo...

Este conto é bonito, pero tamén algo aburrido.

martin dixo...

este libro non é o que máis me gustou pero pareceume bonito

Noemí dixo...

Este libro está moi ben.

rafa dixo...

este libro está ben porque son moitos irmáns, querianse uns ós outros

Noelia dixo...

Este libro gustoume moito porque a pesar da pobreza na que viven,son felices e quérense uns ós outros.

Ernesto dixo...

O libro é moi bonito,porque fala da pobreza dunha familia pobre e filla quere estudar para mestra.

Roberto dixo...

É un libro que indica a pobreza dos demais e como un quere saír desa pobreza.

Cristina dixo...

Gústame moito porque a nena quere cumprir o seu soño de ser mestra para saír da pobreza e miseria.

santi dixo...

Este libro gustoume moito porque é moi bonito.

Gabriel dixo...

Este libro gustoume porque era unha familia pobre pero que se querian moito e ademais a rapaza fixo felices a súa familia porque quería ser mestra.

Rocío dixo...

Esta libro pareceume un libro bastante entretido e tamén algo sentimental aínda que tamén me gustou moito.

Cristian dixo...

Este libro está bastante ben xa que a rapaza quere estudar para poder vivir ben no futuro.

pili dixo...

Está moi ben, este libro é moi entretido pero eu cambiaríalle o final.

Andrea dixo...

A min este libro non me gustou moito pero ensina o interese dunha nena polas letras e de aprender a ler.A nena cando lle dixo a sua nai que quera ser profesora deulle unha gran alegría.

Martin 2ºA dixo...

Letras nos cordóns narra a historia dunha familia moi humilde que ao dicirlle a filla á nai que quere ser mestra chora de ledicia.
TRANSMITE MÁGOA PORQUE MOITAS FAMILIAS VIVEN ESTA SITUACIÓN.

Ana dixo...

Este é un libro precioso. A nai demostra o cariño pola súa filla coa emoción de cando lle di que quere ser mestra, e nun futuro non ter que vivir na pobreza. :-)

angel dixo...

non me gustou porque foi moi aburrido

Yessica dixo...

Este libro fíxoseme algo longo, porque aburriume un pouco pero a vez pareceume moi bonita a idea da nena de sacar a súa familia da pobreza converténdose en mestra, que era o que lle gustaba.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.