Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/04/12

Marzi


Encantoume este cómic de Sylvain Savoia e Marzena Sowa, Marzi, publicado por Norma. Unha nova autobiografía con moita frescura que nos conta a vida na Polonia comunista dende os ollos dunha nena, pero que ademais conta o seu día a día, as súas travesuras, os seus sentimentos. É un cómic encantador, que che arrinca sorrisos e desvela inocencias; con el sabemos o que sobrevivir cunha cartilla de racionamento, o medo pola explosión da central de Tchernobyl, as diferenzas de clases nun estado comunista...
En Francia ten a súa propia serie animada.
Moi recomendable.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.