A miña última lectura é o que é tamén o último libro -polo de agora- da prezada Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle está publicado asemade pola editorial Galaxia. Unha narradora que volve visitar os mitos clásicos para ofrecernos unha lectura gorentosa e ampliar a nosa -escasa- cultura sobre este tema.

Chama a atención, e gustan, os diferentes puntos de vista e os saltos no tempo que a narración ofrece. Un Felipe de Amancia, o propio Merlín e por último Morgana intercambian as súas voces para que a verdade sexa máis coherente ou, cando menos, máis completa. Porque os mitos son humanos e erran, senten paixóns, ambicións desmedidas e contradicións. Porque nada é o que parece e detrás de actitudes erradas hai amor, compaixón, sentimentos. E hai, como non, esa fuxida da soidade que, finalmente, apodérase de todo ser humano.
No club de lectura virtual Falemos de lecturas está costestando a autora as dúbidas que poidades ter sobre esta lectura. Animámosvos a irdes até alí e comentar as vosas impresións.
1 comentario:
Begoña demostra aquí ter unha prosa esquisita tratando os mitos dende unha óptica feminista demostrando que os eroes as veces non son quen parecen ser.
Moi recomendable
Publicar un comentario