Publicado pola editorial Xerais, poemario de Xabier Cordal: transmuta, un poemario social e íntimo que, como adoita acontecer con todo libro de poemas, ten moi fermosos poemas a carón doutros que non o son tanto.
O comezo do poemario é, para min, marabilloso: a soidade e a incomunicación vérquense nunha cruz, triste, agoreira da morte. A morte que se torna máis tráxica tras a ausencia da nai e que lembra que a propia paixón da escrita serve para escorrentar as bágoas dun neno-home que non entende o mundo. E a carón deste sentimento íntimo, reservado para cada un, está a dor social, a dor ante o que acontece, a dor ante unha natureza que só o home é quen de estragar. Ademais, a ironía e o sarcasmo ante unha sociedade fatua que cómpre parodiar.
boura o temporal os cimentos da torre
non hai mar
sentía rir a vella ao outro lado
do idioma das aves
podo describir o gardián no limiar
a silueta virada de costas
baixo a nervadura sucia do templo
sondar os ollos
no cativo que se agarra á reixa
o río terroso e o clamor e o tumulto
da vertical enorme
alí durmía
mergúllame, lévame á amígdala
ao palacio da fragmentación

Sen comentarios
Publicar un comentario