Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/04/12

A voda dos ratos



Divertido relato o deste álbum que nos fai reflexionar sobre a importancia dos sentimentos e do respecto aos demais, fóra de prexuízos e aparencias. Un conto que nos vai recordar moitos outros (agora non me sae un similar que non lin hai moito) posto que é unha reinterpretación dun conto antigo do século III a.C.
Estamos a falar d' A voda dos ratos de Margarita del Mazo con ilustracións de Lisa Kaser publicado por OQO. Un álbum que nos fala de que o amor vence calquera obstáculo, por moi forte que sexa... como a oposición dun pai! As ilustracións son moi simpáticas con múltiples detalles que farán que o lector se deteña atentamente neles, descubrindo moitos sorrisos agochados. Encantoume cando os ratiños namorados comparten un libro en segredo!!!



7 comentarios:

rafa dixo...

este libro xa o sabía e non me gustou moito

Anónimo dixo...

Este libro é moi bonito e simpático e mostra que ás veces a apariencia engana.

carmen dixo...

Este libro é precioso, as imaxes moi bonitas. A pesar de que o pai da ratiña se opoñía, ao final casaron e foron moi felices; encántanme os finais felices

yoli dixo...

este álbum ilustrado é moi bonito ...

ivan dixo...

este libro non estivo mal pero esta historia xa a sabía

Noemí dixo...

Este libro está ben.

brais dixo...

este libro non meu gustou moito pero ensínanos que o amor pode con todo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.