Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/05/12

As catro estacións


Xa estamos acostumad@s a que Kalandraka nos sorprenda con xoias. Desta volta faino cun álbum musical: deleitarse toca con este As catro estacións que conta con música interpretada por Sarah Chang, texto de José Antonio Abad Varela e ilustracións de Emilio Urberuaga (Premio Nacional de Ilustración 2011). Todo isto por xunto! Case nada!
O relato fala dos cambios estacionais a partir da vida dun esquío, de como vai mudando a natureza e mesmo do perigo que supón a visita do home cazador que non marcha até ter a súa recompensa. As historias sinxelas dotan o protagonismo ao mundo animal a carón dunhas ilustracións coloristas que lle dan ao álbum gran relevancia. Ademais, cada fragmento textual vén acompañado do seu correlato musical, o que xa me parece unha auténtica marabilla mediadora!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.