Neste labor compilatorio que realizamos en datas coma esta, temos ben adiantado o traballo grazas a
Bibliolucus. Así que recollemos o seu traballo -dándolle as grazas, aínda que o ampliemos:
- O CEIP A Ponte de Lugo propón este xogo de preguntas e respostas
sobre o Día das Letras Galegas que traza un itinerario dende a súa
xénese ata os nosos días. Dous xogadores poden poñer a proba os seus
coñecementos competindo dunha maneira lúdica e didáctica. A xogar!
- Webquest do IES de Fene sobre a figura, vida e obra de Valentín Paz Andrade, para a ESO.
- Ligazón directa ao artigo biográfico da Galipedia sobre de Valentín Paz Andrade.
- A Coordinadora de ENDL ofrece este mapa conceptual
en formato pdf, para poder facer una resumo rápido da súa relevancia
como persoeiro fundamental da vida galega na súa época. Atende sobre
todo ó seu labor como empresario e político.
- Caderno de aula, en formato pdf, que inclúe biografía, bibliografía, escolma poética e actividades sobre a vida e a obra do autor. Autoría: rogosece
- Liña do tempo sobre os feitos máis relevantes da vida de Valentín Paz Andrade, fornecida polo IES San Paio de Tui.
- Outra webquest, neste caso dende o IES «Ribeira do Louro» d’O Porriño; para 2º ciclo da ESO e 1ºBAC.
Dende o PLAMBE tamén nos chega esta presentación:
En
Cespón fixeron estoutra. E en
Ferrol outra máis.
Un
glogsper dende
Toén:
E outro dende
Chantada.
Aquí recóllense actividades.
No
IES Poeta Añón, podedes aprender xogando.
Non esquezamos ir á
Caderno da Lingua e ver o que alí se ofrece.
Compilación de
Carta Xeométrica.
Sen comentarios
Publicar un comentario