Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/05/12

El aniversario


Que si. Que é de El Jinete Azul. Ah, claro, que hai que ir por el. Coma sempre.
Con texto de Miquel Martí i Pol e coas inconfundibles ilustracións de Carme Solé Vendrell (a quen tiven a sorte de coñecer hai pouco nun cursiño polo que me gusta dobremente) El aniversario fala do paso do tempo, ou de como aceptar este paso do tempo, un tempo que voa, que escorrega entre os nosos dedos sen apenas darnos conta. E que nos queda se miramos atrás? É difícil aceptar que as nosas vidas son tan só iso: unha lenta -perdón, rápida- e monótona andamiaxe que a máis das veces semella non satisfacernos. Porén, como sentir as nosas vidas plenas? Haberá xeito de satisfacelas? Cantos de nós non temos pensado nalgún momento: "que raios fago aquí?" Pode un sombreiro cambiar o rumbo da nosa historia?
Abride o libro, quizais topedes a resposta... ou non.


2 comentarios:

Anónimo dixo...

So polas ilustracións xa paga a pena

Ronsel dixo...

E a historia tamén che gustará!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.