Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/05/12

Historia de una cucaracha


Máis ca un álbum ilustrado, este é un conto ilustrado de Carmen Gil e Sonja Wimmer publicado por Cuento de Luz: Historia de una cucaracha. Recoñezo que cheguei a este libro porque me gusta moito a ilustradora, e aínda que o libro non me encante, o conto é divertido: fala da importancia de ser fiel a un mesmo sen necesidade de buscar glorias nin riquezas, ademais de fomentar a solidariedade anónima, a máis importante. Ser diferente é, cantidade de veces, ser especial.



3 comentarios:

Noemí dixo...

Este libro gustoume, estivo ben e foi moi entretido.

carmen dixo...

Este libro é moi bonito porque daste de conta que cando tes algo non lle das importancia pero cando che falta quérelo volver ter

iván dixo...

este conto foi bastante gracioso , e as súas ilustracións eran divertidas.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.