Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/05/12

O artista que pintou un cabalo azul


Volve Kalandraka a nos ofrecer un libro do gran Eric Carle: O artista que pintou un cabalo azul.  Un álbum que nos ofrece unhas ilustracións coa técnica de colaxe con papel de seda pintado en tamaño grande que se pensaron como unha homenaxe visual e narrativa a Franz Marc: un ilustrador alemán absolutamente innovador e pouco recoñecido no seu tempo que influíu notablemente en Eric Carle: o seu gusto pola cor en calquera variedade ou textura vénlle del.
O álbum fala da liberdade creativa que lle é propia ao autor.

 



Aquí tedes estoutro vídeo.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.