Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/05/12

Premios blogueiros


A verdade é que xa pasaron uns cantos días, pero o traballo cotiá, os cursiños e o cansazo fixeron que demorase esta entrada que vai ser, sobre todo, de agradecemento. Xa sabedes do noso pánico aos premios e que nunca nos presentamos a nada -sobradas e pasadas razóns leváronnos a iso- pero sempre anima recibir un da man de compañeir@s da rede. E máis se vén dun blogue que cre na nosa lingua e loita por ela. Así que: moitas grazas. Por lembrarnos, polas vosas xenerosas palabras, por seguirnos.


O peor é, sempre, seguir as instrucións e continuar a cadea; debemos escoller os nosos 5 blogues favoritos e mandarlles un premio. As intrucións son as seguintes:
  • Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho otorgou.
  •  Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
  • Confiar en que continúen a cadea premiando a sua vez os seus cinco blogs preferidos.
O de escoller 5 blogues é o máis complicado, de seguro (son tantos os merecedores!). Xa temos dado uns cantos premios (sobre todo aos Planetakis, sempre imprescindibles) e non queremos repetirnos. Así que desta volta ímosllo dar a:

Pinzellades al món: o blogue que hai mirar cada día para deleitarse con cada ilustración escollida. Imprescindible para seguir vivo, visualmente.

Xogos de lingua: por proporcionarnos tanto dun xeito tan ameno.

Bajo el Signo de Libra: porque sempre nos proporciona unha información nova e sorprendente, culta e imprescindible.

Ler e ver: sempre é interesante a súa opinión, aínda que non sempre esteamos de acordo.

Im-pulso: por poñer os puntos sobre os is, no medio dunha información tan mediocre en tantos casos.

2 comentarios:

Javier dixo...

Me complace daros las gracias por este premio, yo tampoco soy mucho de estas cosas, ya veis lo que he tardado en contestar, el tiempo que es escaso y el hecho de que el mejor premio son los seguidores, los cuales hacen que los blogs sigan vivos, aún más en estos tiempos en que se lleva el fast food de todo tipo.

Ronsel dixo...

Gracias a ti por tu magnífico blog, del que somos fieles seguidores. Saludos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.