Ando a completar as lecturas que as miñas alumnas de 2º de Bacharelato deben realizar como xurado dos premios San Clemente para o ano próximo. Dado que as tres novelas finalistas da Literatura Galega xa as tiña lidas, decidinme arestora por este Siete años de Peter Stamm publicado por Acantilado. Unha obra que deixa un gusto ben amargo na boca, non porque sexa mala, senón por ese protagonista frustrante e frustrado que vas odiando a medida que avanza a lectura. Unha lectura que bota finalmente na conciencia do lector unha serie de interrogantes que provocan un desasosego ben amplo.
A novela alterna dous tempos ben diferenciados, o presente no que o protagonista vai contando a historia da súa vida matrimonial e sexual e o pasado onde imos vendo os pormenores desa vida. Claro que o feito de sincerarse como o fai consegue que o lector comprenda que estamos ante un protagonista covarde que sabe como humillar sen compaixón e que é dun egoísmo insaciable. Así que vendo como se moven as persoas -perdón, personaxes- teremos que nos preguntar en que consiste a felicidade e se esta é posible, pero tamén indagaremos sobre o amor, a fidelidade, o destino e os valores tradicionais.
«Con Sonja me sentía construyendo algo que jamás quedaba terminado del
todo. Pretendíamos construir una casa, tener un hijo, contratábamos
empleados, comprábamos un segundo coche. Apenas alcanzábamos un
objetivo, ya se perfilaba el otro, y jamás conseguíamos estar
tranquilos».
Sen comentarios
Publicar un comentario