Se un libro ten as ilustracións de Rébecca Daurtremer está destinado a repousar nos meus andeis. A ingrata sorpresa é que o formato que elixe Edelvives (?)para Una carta para Lily...¡el unicornio! é o de Miniálbum, co cal as ilustracións son menos lucidas e a incomodidade para contalo é evidente. O texto é de Christian Ponchon: un carteiro a quen lle toman moi ben o pelo buscando un unicornio nunha granxa. É moi simpático e o libriño é precioso, pero boto de menos que non teña un tamaño máis axeitado... para min. Todo empequenece, e a letra xa vai custando...
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
05/05/12
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
5 comentarios:
Este libro estivo ben e é divertido e entretido.
este libro é moi divertído e entretido sobre todo polas súas ilustracións
este libro gustoume porque o cabalo críase un unicornio e púxose un funil na testa.
Este libro é uns dos álbums máis bonitos que limos, é entretido, divertido e que imaxinación teñen algúns
gustoume bastante porque por poñerse un funil na cabeza críase que era un unicornio
Publicar un comentario